Festival Noroeste Outono: María Arnal i Marcel Bagés

Novembro 15, 2018

nota:

MARIA ARNAL I MARCEL BAGÉS. Co o seu álbum de debut, 45 cerebros y 1 corazón (Fina Estampa, 2017), incluído nas listas dos mellores discos de 2017 nos medios más influíntes do sector, Maria Arnal i Marcel Bagés deixaron de ser unha promesa para converterse nunha das realidades máis sólidas da música feita aquí. Un paso de xigante na fulgurante traxectoria dun dúo que conta os seus directos por abducións e que, a partir dunha feitizante mestura de emoción, actitude e talento, deixa un rastro de seguimento incondicional por onde pasa.

O unánime eloxio da crítica ao seu primero traballo foi tamén secundado por premios coma o Ciutat de Barcelona de Música, o Premi Altaveu ou o Premio ARC ao artista revelación. Desde a publicación de 45 cerebros y 1 corazón en abril de 2017, Maria Arnal i Marcel Bagés deron máis de 70 concertos, esgotando aforos en Barcelona, Madrid, Zaragoza, Burgos ou A Coruña, onde agora regresan para engaiolar ao público da Selección Noroeste Outono 2018, tralo bo sabor de boca da súa actuación no Castelo de Santo Antón a pasado mes de agosto. Sobre as táboas do Teatro Colón desplegarán de novo o seu magnético folk, íntimo e comprometido. Con el, visitaron tamén Francia, Portugal, Rusia, Bulgaria e Kazajistán, demostrando que a autoría encaixa á perfección no seu proxecto de continuación da cadena de transmisión da música popular.

Cando? Xoves 15 de novembro, ás 20.30 horas, no Teatro Colón.

AXENDA