festival Música na Noite: Terbutalina + Martelo + Grampoder + Arremecághona

Xullo 05, 2013

nota:
Terbutalina, muradáns, fan un punk garaxeiro e divertido que xa foron quen de plastificar en nada menos que catro discos. Martelo é un grupo de rock con músicas e letras abrasivas, composto por músicos de nome en diversos estilos, o batería Max Gómez, o guitarrista Manuel Cebrián o baixista e vocalista Xacobe Martínez Antelo. Mentres, Grampoder practican unha sorte de pop psicodélico ou de rock acústico; nacidos das cinsas de The Homens, editaron en maio o seu primeiro traballo, Golf Whiskey. Pola súa banda, Arremecághona’s Produçións é a última encarnación do cantautor punk e activista O’Leo; no Música na Noite cantará os seus temas subversivos a pé de barra, en pleno campo da festa. Pechan a noite rock do festival A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, un conxunto nacido para tocar na rúa que mestura jazz, funk, rock progresivo, muiñeiras, diversión e elegancia nun espectáculo bastardo e indomable.

historia

Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por dúas noites de estilos diversos.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Calo, Teo.
De balde.