festival Música na Noite: Güintervan, Quempallou, Caxade e Vai Trío.

Xullo 06, 2013

Catro nomes conforman o cartel da noite folk do sábado 6. Vai son o novo proxecto de tres membros de Fía na Roca; Xosé Ramón Vázquez, Giao Rodrigues e Roberto Santamarina experimentan aquí cun formato reducido e acústico, botando man do repertorio clásico galego. Entre tanto, Quempallou son unha das bandas de música tradicional máis recoñecidas dos últimos tempos, e veñen presentando o seu último disco, Vellas novas. Nunha onda máis experimental sitúase Caxade, proxecto persoal de Alonso Caxade, acordeonista en PELdeNOZ e Cuarteto Caramuxo e bombardinista na Orquestra Os Modernos, que nesta ocasión xoga con músicas de diversas raíces europeas, o surrealismo e a reivindicación. Por último, Güintervan fórmano catro músicos do Morrazo cun dos directos máis festeiros e divertidos da volta.

A historia

Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por dúas noites de estilos diversos.

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Campo de San Domingo, Calo, Teo.
De balde.