dous días cheos de música e actividades variadas relacionadas co circo, a danza e a percusión e obradoiros dos que poderemos gozar entre o venres e sábado en Vila Nova de Cerveira, que un ano máis e van tres, encherase de ritmos reggaes e xamaicanos grazas a
artistas como o xamaicano Earl Sixteen, os brasileiros Habitantes de Zion ou os portugueses Urbanvibsz. Dende Londres chegará Bejammin e o seu
saxofón. Tamén poderemos escoitar aos pais do reggae, grazas ao trío madrileño Versionites, que reiterpretarán a aqueles que lle deron nome a este estilo como Bob Marley ou os The Wailers. Tampouco faltará a representación galega, cos vigueses Transilvanians, os coruñeses One e os ferroláns Natural Green.
Até o xoves poderase mercar o billete anticipado por 12 euros para os dous días de festival e con dereito a acampada na Praia da Lenta. Na billeteira o abono terá un custe de 16 euros e tamén haberá un billete único de un día por dez euros. Para máis información poden consultar a páxina www.minhoreggae.com.