festival Maré: Chico César

Setembro 22, 2022

nota:

Coma parte do festival maré, que volve a Compostela do 21 ao 25 de setembro, Chico César aterrará na cidade coa xira de presentación do seu novo disco Vestido de Amor.

Así, a lenda viva da música brasileira regresa co seu décimo disco, o primeiro gravado fóra do Brasil, un traballo multicultural que reúne ritmos brasileiros, occidentais, caribeños e africanos, que van dende o forró ao reggae xamaicano, calypso e coco, pasando por un electrizante rock urbano.

Agardamos por vós o vindeiro 22 de setembro na Sala Capitol.

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
20 €