festival Maré: Capercaillie Symphonic & Real Filharmonía de Galicia.

Setembro 21, 2022

nota:

Capercaillie Symphonic & Real Filharmonía de Galicia no festival maré 2022
Dende Escocia, a histórica banda Capercaillie, pioneira do renacemento da canción gaélica, protagonizará un dos grandes concertos desta edición. Con máis dun millón de álbumes vendidos en todo o mundo e a exquisita voz de Karen Matheson no centro desta formación, a Capercaillie Symphonic unirase á Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel no espectáculo inaugural desta maré, que volve a Compostela do 21 ao 25 de setembro.

Agardamos por vós o vindeiro 21 de setembro no Auditoria de Galicia para comezar esta viaxe!

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores en Vigo, dentro do Festival Sinsal Primavera.Info aquí: abretedeorellas.com/event/chemtrails/www.youtube.com/watch?v=XGdmSs5SDl0&t=62s ... See MoreSee Less
Ver en Facebook