Festival Maré: Abe Rábade “Botánica”

Setembro 24, 2022

nota:

Abe Rábade conta con catorce discos como líder aos que suma agora Botánica, que verá a luz o 16 de setembro e se presenta ao vivo dentro da programación do festival Maré, o 26 de setembro, coa colaboración do Concello de Santiago.

Este novo traballo discográfico de Abe Rábade para Karonte Records, conta con 14 composicións orixinais dedicadas á vexetación autóctona de Galicia. En conxunto, conforman un campo de visión aberto ao mundo que funde o rural co urbano. A escrita musical e o piano de Abe Rábade atópanse nesta ocasión coa voz e a percusión tradicional galega dun dos valores máis prestixiosos da nosa escena musical: Davide Salvado.

Daniel Juárez ao saxo tenor, Virxilio da Silva á guitarra, Ton Risco ao vibráfono, Jimena Andión ao cello, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Naíma Acuña á batería completan un colectivo artístico heteroxéneo, baseado na integración de estéticas musicais e na exploración libre de prexuízos.

Co patrocinio do Concello de Santiago.
Produciones Bles – Karonte Distribuciones

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook