Festival Folk de Guísamo: Cuarteto Caramuxo + Guadi Galego + Óscar Ibáñez & Tribo

Agosto 22, 2015

Os concertos comezarán ás 20:30 horas, coa participación como colaboración da Agrupación folclórico cultural de San Xoán de Ouces.
Estes son os horarios previstos para as actuacións musicais:
21:00 – 22:15: CUARTETO CARAMUXO
22:30 – 23:45: GUADI GALEGO
00:00 – 1:15: ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

A partir das 17 horas haberá actividades para nenos e maiores:
de 17 a 21 horas: xogos divertidos e sorprendentes feitos con materiais reciclados (Garabato de Xogos)
de 17 a 19 horas: obradoiro de repostería creativa para maiores de 6 anos (coa colaboración do voluntariado social de Bergondo. Moitas grazas!!). Faranse 2 grupos dunha hora cada un, cun máximo de 12 nenos (as inscricións faranse no mesmo día). Nun dos obradoiros elaboraranse divertidos muffins dos Minions e noutro deliciosas cookies de piratas.
de 19 a 20 horas: o artista David Merelas, “MeRe Clown”, divertiranos co seu espectáculo de circo e clown “MeRe-cidamente”. Para tódolos públicos!.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Mentres andamos a retraballar nunha cousa ben estimulante e necesaria, recuperamos traballos que non pasaron por Ábrete de Orellas ou o fixeron moi por riba."Memoria nova" é o último de Pantis @https://www.instagram.com/ulopantis/pantis.bandcamp.com/album/memoria-nova10 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook