nota.
a Alameda do Toural, en Xinzo de Limia, acollerá outra aposta cultural impactante e toda unha experiencia: natureza, música, gastronomía… a repercusión dun evento que regresa 10 anos despois ao seu lugar de orixe.
Artistas cunha identidade galega moi marcada como son Sés, Eladio y los Seres Queridos, Coanhadeira e Habitación Vudú convivirán nun mesmo espacio que estará formado por un escenario e diferentes ambientes (zona gastro con comida e bebida, descanso, mercado…). Sen dúbida unha cita para unha sociedade en continuo cambio e crecemento, culturalmente falando.
As entradas pódense adquirir en Limisi (Rúa Santa Mariña, 93), na sede de Afundación en Ourense e online a través de Ataquilla. Un 30% dos 8€ de cada entrada doarase á asociación Limisi, que traballa na comarca para a mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.
Horarios:
20:30h – Apertura de portas
21:00h – Coanhadeira
22:00h – Sés
23:45h – Habitación vudú
00:45h – Eladio y Los Seres Queridos
Menores: lembrámosvos que de 0 a 3 anos, non pagan, e a partir desa idade o farán coma un adulto.
Ata os 15 anos teñen que entrar acompañados dun adulto que firmará na taquilla do propio festival un papel no que di que se fai responsable.
E a partir dos 16 entran con autorización firmada dos pais que se pode descargar a través da web de Entradas Ataquilla.com ao mercar o ticket.