Festival do Leite: Novedades Carminha + Los Chavales + Ataque Escampe + Eladio y los Seres Queridos + Os da Ría + Familia Caamagno …

Setembro 17, 2016

nota:

A primeira edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, terá lugar o sábado 17 de setembro no Parque de Belvís, en Compostela. Será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que queremos resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galicia.

Comezaremos cunha sesión vermú moi especial, con Os da Ría e Tony Lomba, aló polas 14h. Completan o cartel Novedades Carminha, Familia Caamagno, Eladio y Los Seres Queridos, Los Árboles, Ataque Escampe, Los Chavales e Oh Ayatollah.

Haberá postos de comida e bebida, así que podedes quedar a comer e a pasar a tarde. A idea que temos para o Festival é que funcione coma unha romería.

A entrada será de balde, pero agradecemos que, na medida do posible, aportedes nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite desde os seus inicios.

Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
14:00 h.
Parque de Belvís, Santiago de Compostela.
De balde.