festival Castelo Son: iLalelo (Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño) + Los 22 + Orquestra Aconfónica + Familia Caamagno + Recambios Tucho

Agosto 24, 2012

Culleredo recibe hoxe no festival gratuíto Castelo Son a grandes nomes do humor e a música en Galicia

A cita, promovida pola asociación Castelo Deporte en colaboración coa asociación Sons de Base, a produtora Airapro e o Concello de Culleredo, está apadriñada polo actor Xosé A. Touriñán

Castelo, unha parroquia rural do termo municipal de Culleredo, ao pé do Monte Xalo, acolle este venres a cuarta edición do Castelo Son, un festival gratuíto de música e humor promovido, segundo o definen os organizadores, para “ofrecer ao público de toda a comarca da Coruña unha alternativa de lecer de balde este verán”. Por iso, a particularidade deste evento, que organizan varias asociacións en colaboración co Concello de Culleredo, pasa por non ter ánimo algún de lucro e soster un cartel de altura no panorama festivaleiro en Galicia sen afectar demasiado ao peto do seu público. “Ata no bar os prezos chaman a atención, unha caña tómase por euro e medio, e unha copa por tres euros e medio”, destacan desde a organización.

Xosé A. Touriñán, o veciño máis ilustre da parroquia cullerdense, será o encargado de iniciar o festival cun pregón duns vinte minutos. Virá despois o espectáculo de Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño, iLalelo, no que o actor e o gaiteiro argallan unha sensacional mestura de humor e música. Logo comezará a música: da man de Los 22, un grupo de pop – rock galego que ven de presentar o seu primeiro disco;a Orquestra Aconfónica, unha ampla formación procedente de Carral con letras tan reivindicativas como aptas para calquera festa, ou Familia Caamagno, desde Sigueiro, rock e blues en galego. E Recambios Tucho, a banda do guitarrista de Heredeiros da Crus, encabeza un cartel que deixará para o final a sesión de París DJ. (o deejay
da extinta Sala The Star de Carral).

Acampada, aparcadoiros, comida, bebida, e se chove…

O festival contará cun servizo de acampada gratuíto que contra as sete da tarde comezará a recibir a todos aqueles que prefiran gozar co evento e volver a casa con máis calma ao día seguinte. Haberá tamén amplos aparcadoiros ao carón do recinto.

Por outra banda, dúas amplas barras ofrecerán durante toda a noite unha extensa oferta de comida e bebida a prezos populares. En caso de chuvia, as características do recinto do festival (a polideportiva ao aire libre de Castelo), permitirán acoller a máis dun milleiro de persoas a cuberto. Ademais, dúas pantallas de proxección emitirán imaxes en directo do festival, recollidas con ata catro cámaras desde diferentes puntos do recinto.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Culleredo.
De balde.