festival A Candeloria: Xenderal + Terbutalina + Nao + Boikot + Liviao de Marrao

Febreiro 27, 2015

nota:
• Xenderal (22:00-22:50): Procedente de Cerceda, o rap e o reggae son as vías deste músico para denunciar e amosar a súa visión da realidade. O beatbox, a retranca e a contundente rima en galego son as súas mellores armas.

• Terbutalina (23:05-00:05): Este quinteto das Rías Baixas nado en 2010 leva dende o seu comezo inundando de intenso garage-punk as salas, festivais e festas de todo o país.

• Nao (00:15-01:25): Punteiros no rock duro galego, estreáronse en 2007 con “As palabras espidas” e levan xa catro discos onde misturan sentimentos e dureza, ademáis de ser os últimos gañadores dos Premios Galegos da Música.

• Boikot (1:40-3:10): Rock, punk, ska e toques metal son os sinais de identidade desta banda madrileña, que leva dende finais dos oitenta como referente do panorama estatal. Con trece discos no seu haber, cabe destacar a versión en galego do seu tema “Enloquecer” con Ruxe Ruxe.

• Liviao de Marrao (3:30-4:40): Esta banda composta por dez rapaces repite actuación na Candeloria para deleitarnos co seu disco Matança eta filhoak, no que mesturan punk ska, rock bravú e ritmos da música tradicional galega con letras humorísticas e de protesta.