nota:
FESTEIRO SETEMBRO FEST 2019
LA BIEN QUERIDA- AIRBAG- TACHENKO- SUPERGLÚ
La Bien Querida: Xa coa súa maqueta, Ana Fernández-Villaverde cativou a miles de melómanos. As súas cancións partían dun principio simple pero cunha beleza que desarmaba, fabulosas poesías de amor e desamor que lembraban o fío dos PLANETAS sen ruído, a intensidade emotiva de Sr. CHINARRO sen ironías, a dozura de LE MANS ou os sentimentos espidos de THE MAGNETIC FIELDS, o romanticismo de FAMILY sen disfrace tecno-pop.
Os seus discos son amplamente aclamados polo público español e neles demostra como a súa ambición vai moito máis alá do que reflectían aquelas gravacións caseiras: os seus xogueteos coas rumbas, coas influencias árabes e a electrónica, todo en sutís doses, demostraba que o seu discurso musical gañaba aínda máis forza xunto ás súas preciosas letras e as súas melodías directas. Ten actuado nos festivais máis importantes de España, entre eles o Primavera Sound e o FIB.
AIRBAG: Airbag leva máis de 20 anos tocando e cada vez teñen máis éxito. Sen tropezos. Sempre cara arriba nunha pendente suave pero segura.
Onde está o ingrediente segredo do seu éxito? Nas súas cancións, obviamente. Durante todos estes anos fóronnos regalando aos fans temazos e temazos encapsulados en forma de elepés. Son as temidas bombas de acio, que antes de chegar ao chan ábrense e soltan dez ou doce bombas máis pequenas que multiplican a súa capacidade.
Quen non estivese nunca nun concerto de Airbag ten que saber que é o máis parecido a pasar unha hora dentro dunha pota express. Presentarán o novo disco para Sonido Muchacho: “Cementerio indie”.
TACHENKO: Dentro duns anos dedicarémonos a facer catas verticais cos discos de Tachenko. Reunirémonos con vellos pantalóns de pana desgastados e americanas que nalgún momento foron bonitas (con codeiras, por suposto), para debater.
Certeiras palabras acomodadas en melodías marca da casa. As súas cancións falan. Non fai falta dicir que maduraron, porque só fixéronse máis vellos, no sentido da sabedoría adquirida entre risas, copas e bicos de amigos. Porque iso é para min Tachenko, a célula activa xunto ao Ebro á que acudo cando quero que a guerra das cancións non acabe nunca. Presentación do novo disco para Limbo Starr.
SUPERGLÚ: Superglú é un grupo de indie pop que nace en Ferrol en 2014, e cuxos directos están caracterizados pola enerxía positiva.
Tocaron en escenarios como o Festival da Luz, ou Osa do Mar, telonearon a Celtas Cortos, Arizona Baby ou Revólver.
Actualmente atópanse inmersos na presentación do seu primeiro EP de estudo, Revoglúcion.