Festa “Final do IX Concurso de Maquetas Millo Verde”: 8 de abril en Redondela

Abril 02, 2016

nota:

Festa “Final do IX Concurso de Maquetas Millo Verde” 8 de abril de 2016 na Antiga Feira do Gando, Redondela

A Asociación Millo Verde anunciou que xa se coñecen os finalistas do IX Concurso de Maquetas Millo Verde.

Os agraciados son Jamie Fifthring (Ferrol), The Soul Breakers (Pontevedra) e Ménage à Trois (Ourense).

Os tres grupos actuarán o próximo venres 8 de Abril na Antiga Feira do Gando de Redondela, onde o público asistente elixirá o gañador para actuar no X Festival Alternativo Millo Verde, que será os días 9, 10 e 11 de Xuño. Xunto aos tres finalistas tamén actuará o grupo redondela R.M.S.

Os concertos comezarán as 22:30 horas e a entrada, de 3 euros, inclúe consumición mínima, vaso e dereito a voto.

Poden informarse na web www.milloverde.org ou no facebook “Festival Millo Verde”

Información xeral do Festival Alternativo Millo Verde
9, 10 e 11 de Xuño de 2016
O Millo Verde é un festival de música e artes alternativas sen ánimo de lucro e totalmente gratuito que se ven celebrando dende o 2007, tendo sempre como prato forte a celebración dos concertos durante a fin de semana. Nestes xa participaron bandas do calibre de Dios ke te crew, Fuel Fandango, Blasted Mechanism, Bëlop, Ché Sudaka, Talco ou os holandeses The Anomalys cunha asistencia que, nos últimos anos, oscila entre as 5.000 persoas, moitas delas durmindo na acampada libre que habilita a asociación.

Nesta 10a edición volverán grandes grupos que xa pasaron polo festival noutras edicións como os galegos Chotokoeu ou os alicantinos The Trouper ́s Swing Band, acompañados de novidades como xa os confirmados Gypsy Sound System Orkestra de Suiza. O resto de grupos daránse a coñecer durante o Concurso de Maquetas, onde se desvelará o cartel do festival.

Tamén organizase actividades para todo tipo de públicos, como obradoiros e contacontospara nenos, e actividades de outra índole coma o skalabirras, a Jam Graffitti, Basket 3×3, ou o Skyline

AXENDA

Facebook