Festa Cidade Europea do Viño: Belako + Cápsula + Familia Caamagno + Presumido + Disco Las Palmeras …

Setembro 09, 2017

nota.

O Concello decidiu onte respectar a liña xeral dos acontecementos que se veñen a celebrar con motivo da Capitalidade Europea de Cambados como Cidade do Viño. Despois de escoitar a través das diversas canles á cidadanía, que reclamaba a gratuidade dun dos eventos estrela do ano conmemorativo, tomouse a decisión de abrir Parque Torrado aos veciños. O que pretende ser o primeiro evento da recta final de festexos deste ano, abrirá as súas portas de balde o sábado 9 ás 12.30 h para todo aquel que desexe participar desta gran festa.

Coa colaboración da Deputación de Pontevedra, pretende ser unha alternativa musical diferente á oferta xa existente dos festivais de verán e dar peche aos Festivais Rías Baixas neste ano 2017.

Coa excelencia como mellor aval, as bandas que actuarán caracterízanse por acumular premios da crítica especializada e por percorrer escenarios de todo o mundo: Belako, Familia Caamagno, Presumido, Ghesgha, Disco Las Palmeras!, , Brian Cross, Emilio José e Os Indígenas, Oh Ayatollah, Kings of the Beach e Niña Coyote eta Chico Tornado pasarán pola Capital europea do Viño nunha xornada para toda a familia.

Pero o que sen dúbida será un dos grandes atractivos da xornada será Cápsula co seu espectáculo “Dreaming of Ziggy Stardust”. Unha homenaxe á obra de David Bowie que está a espertar a interese de gran parte do público que xa confirmou a súa asistencia.

Nunha xornada pensada para toda a familia, o festival contará con food trucks e servicio de bebidas para aqueles que teñan pensado pasar todo o día no recinto. As portas do Parque Torrado abriranse ás 12.00 h e prolongarase ininterrompidamente ata ben entrada a madrugada da man de Brian Cross, un dos djs máis internacionais do panorama musical actual. O importe das entradas vendidas poderase recuperar a través de ticketea.

AXENDA

Facebook

58 minutes ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
12:30 h.
Parque de Torrado, Cambados.
De balde.