Fernando Barroso “MAN”

Abril 26, 2023

A pandemia freou a repercusión que debeu ter “Xograr”, o anterior álbum deste ferrolán a cabalo entre Galiza e Portugal, onde mora actualmente. Namorado do bouzouki ou a mandolina, Barroso segue a xogar coas cordas dos instrumentos tradicionais, a fundilas con outros estilos desde as músicas de raíz. Segundo me contou, este novo álbum, composto e producido por el mesmo, é o froito dun par de anos de revisión de material gardado e, engadiría eu, achegas pequenas doutros instrumentos a cargo do propio artista e a consolidación da súa banda.

Nela seguen Margarida Mariño (cello), Xurxo Brea (baixo e contrabaixo) e Àlvaro Trillo (percusións), sumándose agora a guitarra do portugués Miguel Veras, con quen protagoniza a catro mans a peza máis espida instrumentalmente: “Bulevar Fandango”. No outro lado, “Waltz Morning” conta coas fantásticas achegas de Celina da Piedade ao acordeón e Ana Isabel Dias na harpa. E para finalizar coas colaboracións, ademais destas dúas mùsicas portuguesas participa tamén a mozambicana Selma Uamusse, que achega e canta unha canción sobre a infancia -“Nwaná contente”- que contrasta con “La vieja”, cantada polo propio Fernando. Porque “Man” é un canto á beleza das etapas da vida vida e, asemade, á lusofonía. Agás estas dúas cancións, o groso do disco segue a ser instrumental, con pezas que concentran o virtuosismo para nos transportar tanto a tempos pasados como por latitudes varias, desde as raíces celtas da mencionada “Waitz Morning” á Lisboa de “Bulevar Fandango” pasando polas “Polkita Cruda” e “Polkita Frita” ou a “Muiñeira da Cova do Vapor”. Sen quitar o protagonismo ás cordas, senón para sumar detallismo, atopamos un toque atinado de teclado en “Danza dos pobres”, por exemplo.

“Man é vida, é terra”. Amosa a mestizaxe, a convivencia, o roce de culturas e influencias, as raíces, a proximidade. E así podemos entender a elección da portada, inspirada polos xogos da súa filla coas pinturas e que casa co artesanal, co feito a man, coa proximidade. De feito, para recibir o teu CD (que ten unha pequena bola extra ao final) debes escribir a info@fernandobarroso.com ou esperar a ter preto un concerto.

Pepe Cunha, 26-abril-2023

https://www.fernandobarroso.com/

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
este sábado en Pontevedra⏱️ tictac, tictac...Volta o Galegote! A duodécima edición está a piques de ter lugar e a música en galego volta ós bares da cidade. Unha nova edición, esta vez máis internacional, que incorpora bandas portuguesas ó cartel. Anotade a data e vémonos nos bares! 🎶🍻🔀 Lembrade que o Galegote é un proxecto de música en directo que ten a finalidade de dar a coñecer a intérpretes e grupos de música en galego e que está promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Concello de Pontevedra#Galegote #galegoterock #galegoterock24 #concellodepontevedra #pontevedrate #servizonormalizaciónlingüística #festival #galego #boamusica #boambiente #musicaengalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook