Fernando Barroso & Luís Peixoto “Pop”

Abril 04, 2013

apertura da nova temporada do ciclo “Noites na Capela”

VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS:
Billeteira do Teatro Jofre e do Centro Cultural Torrente Ballester
www.ferrol.es/axendacultural
T.- 981944245

Folk acústico / world music
Procedencia: Coimbra / Ferrol
Luís Peixoto e Fernando Barroso son dous músicos novos pero experimentados. Fernando (Riobó, Coanhadeira, Os Cempés) e Luís (Anxo Lorenzo, Kepa Junkera, Quadrilha, Galandum Galundaina ou Dazkarieh) xa traballaron xuntos no trío Assembly Point presentan agora “Pop”, un novidoso proxecto que se afasta do estrictamente tradicional e popular para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Diversos instrumentos e ritmos con influencias que van desde os antigos trobadores até os anos 80 ou a actualidade. Os múltiples instrumentos que os dous músicos tocan (bouzouki irlandês, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, ou as guitarras acústica, clásica e eléctrica, pandeireta, pandeiro, asubíos, sintetizadores …) son piares fundamentais de Pop, “gravado, arranxado e producido por nós os dous”, resultado “de desprendernos dos nosos referentes” e que pode soar a vello, pero que se ve claramente que non foi gravado hai anos.

AXENDA

Facebook