Fernando Barroso & Banda

Setembro 16, 2022

nota:

concerto presentación do disco Xograr de Fernando Barroso. Virá acompañado da súa banda e contará coa colaboración de artistas locais.
O músico e compositor ferrolán, que participóu en numerosos proxectos dentro do panorama Folk / World-Music desde Galicia e Portugal, regresa á súa cidade natal para un concerto especial no Teatro Jofre. O seu repertorio orixinal está ligado á música popular galega e portuguesa, con influencias dispares, dende o jazz, a música clásica, a brasileira ou a persa.

Fernando Barroso foi artífice de bandas e colaborador xunto a outros artistas. En 2016 comeza a súa andaina persoal coa publicación do seu primeiro disco “INTROPÍA” Desde entón conta xa con varios discos e EP”s e unha ampla traxectoria de concertos. Foi produtor e creador de música para outras bandas e artistas, además de impulsor da música popular levada aos instrumentos de corda, impartindo obradoiros e clases maxistrais en diferentes países.

Neste caso, “XOGRAR”, o seu último disco, é un traballo que presenta en formato cuarteto, xunto aos músicos Álvaro Trillo (batería), Margarida Mariño (cello), e Xurxo Brea (baixo), nun concerto onde tamén farán revisión do resto da discografía.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook