Fernando Alfaro

Xuño 18, 2014

nota:
Fernando Alfaro presenta no Kunsthalle novos temas e repasa o primeiro disco de Surfin’Bichos
O reputado músico Fernando Alfaro chega a Santiago cun concerto especial que se celebrará este xoves 19 de xuño no Kunsthalle Compostela (rúa da Conga 8). O líder das emblemáticas formacións Chucho e Surfin’Bichos fará un percorrido por cancións de todas as súas etapas e ademais presentará temas do seu novo disco “Saint-Malo”, que ten previsto publicar despois do verán.
As entradas están á venda por un prezo anticipado de 8 euros e de 10 euros no día do concerto. Os interesados en asistir poden mercalas no propio local ou en www.ticketea.com.

PREZO: 8 euros anticipada, 10 euros no día.
ENTRADAS: Kunsthalle Compostela, Ticketea.

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Sala Kuntshalle, Santiago de Compostela.
8 / 10 €