Fellows

Abril 24, 2015

nota:
A Casa das Crechas acolle o concerto de Fellows, un grupo vallisoletano que practica unha mestura de blues e garage e que nos presentará o seu disco de debut, “After Saturn”. Co gusto sónico ao máis estilo dos 60 dos Count V ou Chocolate Watch Band, e facendo parada en todos o cruzamento de camiños para despachar con Robert Johnson, Muddy Waters ou Hound Dog Taylor, a música de Fellows prodúcese cando o garage desemboca no delta do blues. Son denso, escuro e primixenio, cadencia e decadencia.

Fellows xurdiu en 2013 en Valladolid da man de Manuel García (The Royal Suite/Los Royal) e Manuel López (Dhera Dum). En 2014 publicaron o seu primeiro traballo e xa colleitaron moi boas críticas en prensa, fanzines e radios:

“Los Fellows crean espacios sonoros sin fisuras en los que se mezclan arranques de furia con melodías sugerentes.” Magic Pop
“…facturan cuatro estupendas canciones que no se limitan a un algo trillado blues rock sucio y ruidoso.” Making Time
“…un impecable ejercicio de fuerza y estilo que refleja su personal forma de entender el rock.” Indiecados

Agora están de xira pola Península presentando “After Saturn”, que ten dúas datas en Galicia: o venres 24 en Compostela (Casa das Crechas) e o sábado 25 en Vigo (La Pecera).

Videoclip single shake!: http://youtu.be/DFw_ygop9QE

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €