Fellows

Abril 25, 2015

nota:

Fellows, un grupo vallisoletano que practica unha mestura de blues e garage e que nos presentará o seu disco de debut, “After Saturn”. Co gusto sónico ao máis estilo dos 60 dos Count V ou Chocolate Watch Band, e facendo parada en todos o cruzamento de camiños para despachar con Robert Johnson, Muddy Waters ou Hound Dog Taylor, a música de Fellows prodúcese cando o garage desemboca no delta do blues. Son denso, escuro e primixenio, cadencia e decadencia.

Fellows xurdiu en 2013 en Valladolid da man de Manuel García (The Royal Suite/Los Royal) e Manuel López (Dhera Dum). En 2014 publicaron o seu primeiro traballo e xa colleitaron moi boas críticas en prensa, fanzines e radios:

“Los Fellows crean espacios sonoros sin fisuras en los que se mezclan arranques de furia con melodías sugerentes.” Magic Pop
“…facturan cuatro estupendas canciones que no se limitan a un algo trillado blues rock sucio y ruidoso.” Making Time
“…un impecable ejercicio de fuerza y estilo que refleja su personal forma de entender el rock.” Indiecados

Agora están de xira pola Península presentando “After Saturn”, que ten dúas datas en Galicia: o venres 24 en Compostela (Casa das Crechas) e o sábado 25 en Vigo (La Pecera).

Videoclip single shake!: http://youtu.be/DFw_ygop9QE

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook