Feito a Man: Valentín Caamaño Trío, Quique Escamilla e Loiros

Agosto 04, 2017

nota.

Outra xornada do Feito a Man co jazz de Valentín Caamaño Trío, o mexicano Quique Escamilla e o rock de Loiros

13.30. VALENTÍN CAAMAÑO TRÍO (jazz) – Praza de Cervantes

Valentín Caamaño Tubío é un guitarrista, vocalista e compositor nado en Santiago de Compostela. Comezou a tocar a guitarra na súa infancia en Oviedo, pero a súa carreira musical comenza xa vivindo en Santiago, en distintas formacións como Clan Moriarty, Space Drapes, Southbound ou Francis Kaners.

Co seu proxecto de Valentín Caamaño Trio presenta unha proposta de jazz que entronca coa tradición do estilo, pero a través da súa persoal relación con el e co seu instrumento. Nesta ocasión, contará coa colaboración de dous músicos excepcionais, de ampla experiencia no panorama jazzístico: Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería.

20.00h QUIQUE ESCAMILLA (CHIAPAS-MEXICO/ músicas mexicanas, rock) – Praza de Feixoo

QUIQUE ESCAMILLA de CHIAPAS atopou no seu país de adopción, CANADÁ, un lugar nos mellores festivais e teatros, consolidándose como unha das grandes figuras da world music. A súa música é o resultado de misturar o rock cos ritmos populares mexicanos, como o huapango ou a ranchera, sempre acompañados dunha forte mensaxe política de apoio á loita zapatista, aos dereitos humáns, á liberdade e á igualdade. Xa o puidemos ver en WOMEX 16.

22.00. LOIROS (jazz progresivo / rock) Praza da Quintana

LOIROS é o novo proxecto do baterista Héctor Agulla e o guitarrista Virxilio dá Silva, habituais da escena musical galega. Nesta ocasión, sen perder de vista o Jazz, mergúllanse nunha peculiar mestura estilística que vai desde os clásicos impresionistas a melodías Pop, sendo o Post Rock, o Grunge e o Rock Progresivo a columna vertebral do cuarteto. As cancións xorden da posta en común do imaxinario musical dos dous artistas, permeables a influencias tan dispares como Nick Drake, Tame Impala, Brad Mehldau, Sigur Rós, Reinier Bass, Debussy, Incubus…
Completan a formación o tamén guitarrista Wilfried Wilde e o baixista alemán Felix Barth.

O Feito a Man máis longo

Polo Feito a Man deste ano, o máis longo e abondoso de todos os que se teñen celebrado, Por el pasarán máis de 70 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega…

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario, Cervantes ou Quintana.

Dous concertos especiais

Esta última dous concertos de maiores dimensións -e de pagamento-: o 20 de agosto un concerto dos escoceses Shooglenifty coa Banda das Crechas e as Tanxugueiras, que levará o nome de ‘Noite para Angus’, o violinista da banda escocesa que tanta relación tiña con Galicia; e o día 30, para fechar o festival, terá lugar o espectáculo ‘Camiñar sen fin. Concerto para Narf’, no que participarán ducias de artistas do mundo da música e das artes escénicas que farán un percorrido pola carreira de Fran Pérez, ‘Narf’.

Facebook

Cidade Vella, Santiago de Compostela.
De balde.