Feito a Man: Pablo Sannamed Trío + Chocolate Band+ Zapa + Mojo Experience

Agosto 09, 2017

nota:

AXENDA 9 de agosto 13.30. PABLO SANMAMED TRÍO (jazz) / 20.00. CHOCOLATE BAND (blues, soul, funk) / 22.00. ZAPA (rock) + MOJO EXPERIENCE (soul, blues, rock)

13.30. PABLO SANMAMED TRÍO (jazz) – Rúa Nova

Este trío esta integrado polo pianista Iago Mouriño e o batería Bruno Couceiro e este ano publicarán un disco con este proxecto, gravado e misturado por Ramón Campos. Está liderado por Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo), contrabaixista e compositor de fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral.

20.00. CHOCOLATE BAND (blues, soul, funk) – Praza de Abastos

Chocolateband é un grupo compostelán de versións dedicada a repasar en directo os mellores clásicos da historia do rock and roll e do soul.

22.00. ZAPA (rock) + MOJO EXPERIENCE (soul, blues, rock) – Praza de Mazarelos

ZAPA! é un trío de rock formado en Compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase en 2015 ao redor das composicións de Martin Zapata (ex Ruxe-Ruxe ou The Fabulous Resaca Brothers), guitarrista e cantante. Con Fran Facal (ex Dr. Gringo ou Bakin Blues Band) á batería e Jacobo García (Sinestesia, Néboa) ao baixo, dan forma a un rock potente e denso que nos leva desde o son dos 70 ata o stoner actual.

Na súa primeira gravación (Igual es diferente, 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotiá, o amor e a arte, amosando reacción contra o esmagador do falso e do aparente en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica.

MOJO EXPERIENCE é unha “Explosive Blues Band” que se caracteriza por ter un son que mistura o Blues co Hard Rock, o Funk e o Soul. Cunha base rítmica de alta voltaxe e unha liña frontal incombustible ten por costume crear un directo impredecible e cheo de enerxía, que combina algunha versión con temas propios.

Facebook

Cidade Vella, Santiago de Compostela.
De balde.