Feito a Man: Luiz Caracol + Puma Punku

Agosto 29, 2017

Compostela, 27 de agosto de 2017. Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volven encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que ten lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

Este será o programa deste luns:

20.00. LUIZ CARACOL (músicas portuguesas) – Vía Sacra
O cantautor portugués Luiz Caracol é un dos valores emerxentes da música do país veciño. Ten colaborado con grandes da música lusófona como Sara Tavares, Jorge Palma, Pierre Aderne, Aline Frazão, Susana Travassos, Manecas Costa, Fernanda Abreu, Uxía ou Tito Paris. Foi un dos protagonistas da última edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que se celebra cada ano en Pontevedra.

El define a súa música como “o reflexo do que eu son e da miña orixe: a mestizaxe, a urbanidade e a mestura”. Publicou o seu primeiro disco en 2013, ‘Devagar’, contando con participacións especiais como Fernanda Abreu, Jorge Drexler ou Sara Tavares. Xirou con este traballo por palcos de Portugal, do Brasil, da Europa e de África. Este primeiro traballo estivo entre os discos máis vendidos da FNAC durante un mes. Agora está inmerso na gravación do seu vindeiro traballo, ‘Metade’, que verá a luz a comezos de 2016.

Músico, cantor e autor portugués, mestura a música portuguesa coa dos países africanos. Luiz Caracol naceu en Elvas, cando seus pais acababan de chegar de Angola, onde vivían antes da independencia deste país. Por iso foi criado dende cativo nun ambiente de mestura cultural, rodeado de xentes que tiñan tamén regresado a Portugal dende Brasil e África despois 25 de Abril. Toda esa mestura de culturas acabou por ter unha forte influencia nel.

Máis información:

22.00. PUMA PUMKU (rock, psicodelia) – Tras Salomé

Puma Pumku é unha banda que ve a luz no ano 2013, coa publicación do seu primeiro EP, Puma Pumku (Seara Records, 2013). Despois dunha exitosa campaña de Crowdfunding a banda consegue editar o seu primeiro LP, que levará por nome Is it in you? (Matapadre, 2014). Estes traballos levan á banda a xirar por toda a península (Galicia, España, Portugal) tocando en numerosos festivais de gran calado no panorama (Enofest, WOS, Zaragoza Psych Fest, Milhoes da Festa, Osa do Mar, Felipop, SonicBlast, Atardeceres non Gaiás, Arteficial, Psicodelicias, etc.) e compartindo cartel con bandas da talla de Triángulo de Amor Bizarro, Dungen, Baywaves, The Parrots, Fogbound, Betunizer, Jupiter Lion, My Expansive Awareness, etc.

Actualmente e logo dun ano de letargo atópanse gravando o que será o seu segundo traballo, co cal esperan dar o salto á escena internacional e poder xirar por Europa e exteriores.

Bandcamp: https://pumapumku.bandcamp.com/

Vídeo “A Window in Time” (SonicBlast 2015): https://www.youtube.com/watch?v=xuDSPFFB6ts

AXENDA

Facebook

17 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Cidade Vella, Santiago de Compostela.
De balde.