Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volven encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que ten lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.
o programa deste martes:
20.00. LOS ÁRBOLES (pop-rock) – Praza de Abastos
LOS ÁRBOLES son un grupo de poprock galego que comezou a xestarse a finais de 2010 case por casualidade. Formado por Alexandro González (Guitarra, piano e voz), Alberto Barreiro (Baixo e coros), Marcelo Pedredo (Guitarra), Martín González (Sinte e coros) e Alberto Dopico (Batería), teñen publicados dous traballos e estiveron tocando practicamente sen interrupción tanto en festivais como en salas de ámbito estatal (Festival da Luz, Festival Sereas e piratas, Festival Romaría Pop, Festival de Cans, Sala Siroco, Sala Capitol…). Poden escoitalos aquí: http://losarboles.bandcamp.com
22.00. FESTA HIPHOP (con Erin, Kotto, Rendi Nue e Sr. Carujo) – San Martiño Pinario
Festa rapeira con MCs emerxentes do panorama compostelán, como Erin (Komando Katana), Sr Carujo e mais, acompañados por DJ Mil aos platos.