nota:
Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volven encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.
Este será o programa deste día:
20.00h KAMANKOLA (músicas cubanas, rap, fusión) – Praza de Feixoo
Este artista cubano mestura o rap coa canción. A súa música é unha fusión de xéneros que vai da rumba ao jazz e do rock and roll ao guaguancó. Tocou en moitos escenarios de Cuba e do estranxeiro e compartiu escenario con innumerables artistas de todo o mundo. Ten dous discos publicados: “Antes que lo prohíban” e “Hasta precisar el aire”.
21.15. TRIFASIC (rock/pop) Praza da Quintana
Despois de formar parte de bandas como The Allnight Workers ou The Loveless Cousins, Néstor Pardo colga a guitarra eléctrica ao lombopara emprender o seu proxecto máis persoal, PARDO.
Baseado nas súas dispares influencias entre o early jazz, o folk americano, o blues e as músicas de raíz, decide rodearse de grandes músicos que lle acompañan na súa andaina co piano, a batería e o contrabaixo.
Co seu último disco “Siento no haber sido lo esperado”, Pardo volve deleitarnos con melodías coidadas, letras cheas de verdade e ritmos con sentimento, fan que este disco sexa o seu mellor traballo ata o momento.
22.30. FRITANGA (free jazz) Tras Salomé
Trío formado por Pablo Sax (saxos + electrónica), LAR Legido (batería e obxectos sonoros) e David Santos (baixo eléctrico), que practican un free jazz rabudo en base a liberdade na improvisación que o momento da mesma precisa, sen concesións, e abertos ao mesmo tempo a beleza dos silencios e os sons que a vida amosa. Fritanga é unha experiencia única e irrepetible.