Feito a Man: Funkotes (funk) + Dj Set / Voz “La Fiesta Madre” (soul, funk, house)

Agosto 14, 2019

nota:

O Feito a Man acolle hoxe espectáculos de Blanca Cendán, Funkotes e David Regueiro

13.30 [off] Blanca Cendán & Suso Alonso (cabaré) – Rúa Nova
23.00 David Regueiro Trío (gypsy jazz, swing) + Baile Swing

Máis de 50 espectáculos e 40 bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Estes son os artistas que participarán mañá:

BLANCA CENDÁN E SUSO ALONSO (Galicia – cabaré)

Blanca Cendán e Suso Alonso presentan “MORNINGS”, música para paseantes. O elenco está formado por Suso Alonso, pianista e actor que ten acadado premios coma os María Casares de Música para teatro e nominacións aos Martín Codax da Música; e Blanca Cendán, actriz de Teatro, cine e TV, que foi Directora do Centro Dramático Galego do 2010 ao 2012.

FUNKOTES (Galicia – funk)

Funkotes é un grupo formado no entorno da comarca do Morrazo, polos consagrados músicos Chus Pazos á batería, Rafa Morales ao baixo, Wilfried Wilde á guitarra eléctrica e Cecilia Martínez á voz, que fan temas propios e algunhas versións de temas do funk, soul e R&B dos anos 60 e 70 de artistas como Marvin Gaye e Roy Ayers e tamén do panorama americano actual como Erykah Badu e Anderson Paak. Con un son que se move entre o vintage e a experimentación.

DAVID REGUEIRO TRÍO (Galicia – gypsy jazz, swing)

David Regueiro, con máis dunha decena de discos, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse como un dos guitarristas de Gypsy Jazz máis prominentes da Península Ibérica.

Nesta ocasión presenta un trío cun repertorio conformado por temas clásicos deste estilo pero tamén de outras das súas influencias, como son o Swing americano e o Be-Bop. Con esta proposta, pretende dar una visión global da música creada pola súa maior fonte de inspiración, o guitarrista creador do Jazz Manouche : Django Reinhardt . O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición á vez que fresca e innovadora.

Feito a Man 2019

Polo Feito a Man deste ano pasarán case 50 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, tango, swing, música tradicional galega… E tamén haberá presenza doutras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesía, baile ou cabaré.

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Bandas locais e internacionais

Nestes 21 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros.

Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos chegados de fóra. Así, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e Sofía Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam.

Facebook

6 days ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Rúa Nova, Santiago de Compostela.
De balde.