Feito a Man 2017: Gold & Colt + Quique Escamilla + Kyekyeku

Agosto 03, 2017

20h. Gold & Colt (Rúa de Xelmírez)

Gold&Colt son o referente do folk americano en Galicia, unha banda que nos fará viaxar alén do Atlántico. Nos seus directos pódese apreciar o seu bo gusto polo son acústico, no que non faltan instrumentos típicos da cultura americana, como o dobro, o banjo ou o cigarbox-guitar. No ano 2016, o grupo realizou máis de corenta concertos actuando nas salas e festivais máis importantes de Galicia, como a Sala Karma, Aturuxo, Sala Son, Son Rías Baixas, Surfing The Lerez Festival… E neste 2017 publicarán o seu segundo LP. https://goldandcolt.bandcamp.com/releases

21.30h QUIQUE ESCAMILLA (CHIAPAS-MEXICO/ músicas mexicanas, rock)) + KYEKYEKU (GHANA-AFRICA / palmwine music, afrobeat, highlife) Praza de Cervantes

QUIQUE ESCAMILLA de CHIAPAS atopou no seu país de adopción, CANADÁ, un lugar nos mellores festivais e teatros, consolidándose como unha das grandes figuras da world music. A súa música é o resultado de misturar o rock cos ritmos populares mexicanos, como o huapango ou a ranchera, sempre acompañados dunha forte mensaxe política de apoio á loita zapatista, aos dereitos humáns, á liberdade e á igualdade. Xa o puidemos ver en WOMEX 16.

KYEKYEKU chega desde Accra (Ghana) -pronunciado ‘checheku’-, un músico que mestura as músicas tradicionais do oeste africano (Palmwine) con blues, highlife e afrobeat tocados con guitarra acústica e percusión. Kyekyeku foi definido pola CNN como un “mago coa guitarra” e pola BBC como un “guitarrista fabuloso”. Tamén a Forbes Africa di del que “é o pequeno príncipe do Palwine”. A súa música tráenos o mellor do palmwine mesturado con highlife e o afrobeat. Agora está en plena xira europea.

AXENDA

20:00 h.
Rúa de Xelmírez e Praza deCervantes, Santiago de Compostela.
De balde.