Far Away Place

Outubro 16, 2015

nota:

Tras de gañar o EISV Music ´14 e despois todo un ano preparando os seus novos temas, Far Away Place volve a Melide. Esta vez será na Sala Fundación Bowling onde ofrecerán un concerto onde o protagonista é, sen dúbida, o rock.

A banda, inspirada na esencia do hard rock e de grupos como AC/DC, entre outros, leva xa máis de 70 concertos ás súas costas por toda Galicia e tamén fora, xa que foron finalistas do certame Kill Rock Band en Madrid.

Este venres Far Away Place deleitará ao público melidense coa súa música a partires das 23:30 na Fundación.
Entrada: 3€

Enlaces de interese:

AXENDA

Facebook