Familia Caamagno + Fluzo

Xuño 04, 2016

nota

Como colofón da xornada do sábado 4 no Rexenera Fest, pola noite a MÚSICA aterrará na SALA DUBLIN a partir das 22:30 e con entrada de balde. Os asistentes poderán desfrutar das actuacións ao vivo de dúas das bandas máis molonas da Galiza: Familia Caamagno e Fluzo

Os Caamagno veñen a presentarnos o seu último e recén estreado mini Lp “Para unha vez que saimos” , un repertorio cheo do millor Rock´n´roll, garaxe, 60´s e power pop.

E por outra banda Fluzo porán o toque máis experimental á noite co seu hip hop electrónico, co que bailaremos entre chiptunes hipnóticos, rimas en galego e programacións que desafían as leis matemáticas.

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Sala Dublín, Carballo.
De balde.