Tras a súa presentación en outubro cun mini-álbum de 6 cancións, Familia Caamagno gravou a comezos desde mes un par de pezas roqueiras con temática de nadal :
“Panxoligna de amor R5” é unha peza propia e
“Bule bule Rodolph!” a súa recreación do “Run Rudolph Run” de Chuck Berry.
Tomás Ageitos (Estudios A Ponte) foi o encargado da gravación que podedes escoitar e descargar de balde no bandcamp, onde tamén tedes o seu debut homónimo de hai uns meses.