nota:
Factoría de Subsistencia é o proxecto do músico e actor Josito Porto, e da acordeonista Sabela Dacal. Defínense coma música de “cansautor”. Este sábado 4 de xuño veñen á Corte dos Bois co seu novo traballo baixo o brazo, “Cerca da túa orella”. Retranca e surrealismo do país envoltos en música acariñante para seguir subsistindo.