No Centro Gallego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela, o noso colega Xavier Valiño inaugurou o pasado venres día 16 a exposición “Vibracións prohibidas”, que permancerá aberta até o 10 de marzo.
O comentarista musical nado en Cospeito é colaborador habitual en seccións musicais de distintos medios escritos, radio e televisión, ademais de manter o seu propio blog Ultrasónica (www.ultrasonica.info). O pasado ano reflectiu un longo traballo de investigación no seu libro-estudio “Veneno en dosis camufladas. La censura en los discos de pop-rock en el franquismo” (Ed. Milenio), detonante desta exposición.
A exposición recompila arredor de 300 capas de discos censuradas durante o franquismo nos anos 60 e está comisionada polo propio Xavier e Héctor Fouce. Asemade pódese visualizar diversa documentación da época, a proxección do documental “¡Que vienen los Beatles!”, dirxido por Pedro Costa, e escoitar unha selección de cancións censuradas que se poden escoitar na mesma sala.
Como actividade complementaria á exposición, o 22 de novembro ás 20 h terá lugar no auditorio do CGAC, a mesa redonda “Libertad y creación musical: ¿de la censura política a las imposiciones de los mercados?”, na que participarán Kiko Veneno, músico e autor censurado polo franquismo, Mercedes Ferrer, autora e directora da Área de Música da Fundación Autor, e os comisarios da exposición, Xavier Valiño e Héctor Fouce.
Cómpre lembrar tamén que Xavier está implicado na sección do festival do Cineuropa: “Docs Music: Explorando os camiños da censura”, no que se proxectan 13 películas no auditorio do CGAC con artistas que sufriron algún tipo de censura, como Bob Dylan, The Beatles, Veneno, Roxy Music, Jimi Hendrix, James Brown, The Beach Boys, The Doors, Paul Simon, The Band ou Johnny Cash.”
Parabéns, Xavier.