Cargando eventos

« Todos os eventos

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

Maio 17 @ 19:30 - 21:00

entradas aquí

O vindeiro 17 de maio de 2026, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, Vimianzo acollerá un concerto moi especial de Xabier Díaz, nunha cita que reforza o compromiso da localidade coa cultura galega e, en particular, coa tradición de transmisión oral.
O concerto terá lugar no Auditorio municipal ás 19.30 h., e as entradas xa están dispoñibles a través da web www.xabierdiaz.com.

Este evento chega nun momento simbólico, como continuidade do recoñecemento ás cantareiras protagonizado no ano 2025, poñendo o foco nas mulleres portadoras dun legado musical e cultural fundamental para a identidade de Galicia. Vimianzo, territorio fondamente ligado á memoria viva das aldeas, convértese así no escenario ideal para dar continuidade a esta homenaxe.
A través do seu traballo, Xabier Díaz leva anos desenvolvendo unha intensa labor de recollida e posta en valor das músicas tradicionais, visitando aldeas, escoitando ás portadoras da tradición e integrando ese saber nos seus proxectos artísticos. Nos seus concertos, esta transmisión oral cobra nova vida, conectando xeracións e achegando ao público un patrimonio que segue en constante evolución.
A elección de Vimianzo como sede desta celebración non é casual. A localidade destaca polo seu papel inspirador na conservación e dinamización da cultura oral. Alí repasará temas do seu último disco “Axúdame a sentir” e será o escenario perfecto para o avance dos novos proxectos nos que está a traballar. O concerto do 17 de maio preséntase, así, como unha oportunidade única para celebrar as Letras Galegas desde a música, a memoria

Detalles

Data:
Maio 17
Hora:
19:30 - 21:00

Recinto

Auditorio Municipal de Vimianzo
Vimianzo, + Google Map