Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Uxía “Santa Liberdade”

Xuño 9 @ 20:00

De balde con invitación

nota:

ESTREA no Teatro Colón no ciclo da Área de Cultura da Deputación de A Coruña ‘Coa nosa voz’. 🧜‍♀️“SANTA LIBERDADE”
Levaremos un novo espectáculo cun repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito do camiño nos meus case 40 anos de carreira nos conectei a nosa música coas culturas atlánticas.
Ademais dos meus últimos traballos tamén achegarei a música de Portugal e a unha nova lectura da rica obra de José Afonso.
Conmemorando os 50 anos da Revolución dos Cravos recuperaremos a través algunha das cancións máis representativas de ese momento histórico.
Tamén achegaremos temas propios sobre poemas de Sophia de Mello Breyner ou algún tema inédito dedicado a José Afonso, á poeta da Cidade Alta Luisa Villalta e outro que conta a historia do transatlántico Santa Liberdade, a aventura romántica que uniu a galegos e portugueses para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar.

Banda:
Sérgio Tannus: guitarra, viola caipira e dirección musical
Santi Cribeiro: acordeón
Bleuenn Lefriec: arpa clásica
Isaac Palacín: percusión
Quim Farinha: violín
José Manuel Díaz: contrabaixo
—-
Son: Arturo Vaquero
Luz: Alberto Casas
Produción: Conchi Carro

Convidadas especiais:
Caamaño&Ameixeiras

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-colon/17533–coa-nosa-voz-uxia-santa-liberdade-un-sono-compartido.html

Detalles

Data:
Xuño 9
Hora:
20:00
Custe:
De balde con invitación

Recinto

TEATRO COLÓN
A CORUÑA, Spain + Google Map