Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Seso Durán

Novembro 18, 2022 @ 22:30

5€ - 12€

5 / 12 € (co CD)

reseña do disco en Ábrete de Orellas

Seso Durán presenta Ascensión na Sala Sinatra de Vigo o vindeiro 18 de novembro, as 21 horas, acompañado por unha banda de cinco músicos.

Este novo traballo está producido, gravado e mesturado por Iago Lorenzo (Presumido, Furious Monkeyhouse, Heredeiros da Crus…), masterizado por Robin Schmitd (Liam Gallagher, The 1975, Paul Weller, Keane…) e editado por Inquedanzas Sonoras.

A través dos dez cortes do álbum, o artista nos adentra na sonoridade do pop-rock en galego con letras comprometidas que falan de todo o que – como profesor, compositor e historiador – lle trae de cabeza: a violencia de xénero, a soedade nun mundo hiperconectado, o estrés da vida dixital, o amor incondicional, a indentidade galega, a crise ecolóxica…

A opinión da crítica:

Se pensas que “o mercado está sobresaturado” de propostas que apuntan máis a chamar a atención que entregar músicas que perduren, e gostas das boas propostas de rock de autor, non dubides en darlle unha oportunidade a este “Ascensión”. Transmite iso que entendemos por convición ou persoalidade.. Pepe Cunha: Ábrete de Orellas – Portal galego de lecer.

Ademais de por un son espléndido, chama a atención pola calidade tanto técnica como estilística, unha acaidísima combinación do clásico e do actual… Carlos Rego: Revista Tempos Novos.

 

Detalles

Data:
Novembro 18, 2022
Hora:
22:30
Custe:
5€ - 12€

Recinto

Sinatra Club
Vigo, Galiza + Google Map