Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Sés

Febreiro 3, 2023 @ 20:30

“Diante un eco” é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

“Diante un eco” é tamén para Sés unha volta aos inicios pero desde o oficio e a madureza, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

Detalles

Data:
Febreiro 3, 2023
Hora:
20:30

Recinto

Auditorio do Pazo da Cultura
Narón, + Google Map