Cargando eventos

« Todos os eventos

Quique González

Febreiro 28 @ 20:30 - 22:30
24,20€

nota:

entradas aquí

Apertura de portas: 20 h.

A carreira de Quique González está marcada por constantes puntos de inflexión e unha evolución coherente e honesta. Aos seus 51 anos, cumpriu os seu sono de vivir da música, compartir escenario con lendas como Bob Dylan, Steve Earle ou Ryan Adams, e compoñer clásicos como “Aunque tú no lo sepas” para Enrique Urquijo.

Os seus discos —Salitre 48, Kamikazes Enamorados ou Daiquiri Blues— e cancións como “Salitre”, “Vidas cruzadas” ou “La luna debajo del brazo” convertíronse en referentes do pop-rock español.

Dende o seu debut en Personal (1998), González creceu disco a disco, combinando a esencia do songwriter americano coa sensibilidade do trovador mediterráneo.
Tras etapas clave como Me mata si me necesitas (2016), Las palabras vividas (2019) e Sur en el valle (2021), culmina a súa traxectoria con 1973 (2025), un traballo que reflexa madurez, introspección e a honestidade que sempre definiu a súa relación cun público fiel e cómplice.

 

Detalles

Data:
Febreiro 28
Hora:
20:30 - 22:30
Custe:
24,20€

Recinto

Auditorio de Ferrol
Galiza + Google Map