Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

QUICO COMESAÑA + GRUPO

Setembro 22, 2023 @ 20:30

13€

entradas aquí

nota:

Tras unha extensa carreira musical, formando parte de bandas como Armeguin (desde 1985 a 1993 e 3 discos); Fía na roca (desde 1992 a 1995 e 1 disco); Uxía grupo (desde 1994 a 1996 e 1 disco); Berrogüetto (desde 1996 a 2014 e 6 discos); ademais de realizar diferentes colaboracións como compositor e arreglista para outros proxectos, Quico Comesaña presenta “Mãe”, o seu primeiro traballo discográfico en solitario.

Quico Comesaña, piar do folk galego, volve aos escenarios con este singular espectáculo, unha obra impresionante que non deixará indiferente a ninguén. Estará acompañado por unha banda integrada por Carmen Gallego (violín, nyckelharpa), Marcos Padrón (acordeón), Paula Oanes (arpa céltica) e Leandro Deltell (percusións).

“Extraterrestre, extraordinario, maxistral, cegador, inmenso…” Este abafador caudal de loas, que podería continuar ata completar un longo parágrafo, está provocado polo novo disco de Quico Comesaña, “Mãe”.

Trátase dunha obra conceptual que vira ao redor da defensa e o respecto á natureza, onde se expoñen diferentes lugares e vivencias da infancia e adolescencia do músico relacionadas co mundo natural. Inclúe catro suits instrumentais de aproximadamente 10 minutos cada unha independentes entre si, onde varias melodías actúan como nexo entre elas, aparecendo cada certo tempo sobre diferentes harmonías, ambientes ou texturas, que evocan espazos e sensacións a partir das principais influencias musicais asimiladas durante a adolescencia. Mãe representa a todo ser coa capacidade de procrear vida, desde a máis pequena das criaturas ata o planeta mesmo (Gaia). É unha homenaxe ao feito feminino.

Detalles

Data:
Setembro 22, 2023
Hora:
20:30
Custe:
13€