Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Pablo Sanmamed Trío

Maio 28, 2023 @ 20:00

De balde

ciclo Maio Jazz

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-colon/15647–maio-jazz-2023-pablo-sanmamed-trio-ft-benxamin-otero-presentacion-zugunruhe-inquietude.html

nota:

O vindeiro domingo 28 Pablo Sanmamed trío acompañado por Benxamín Otero presentan ás 20 h “ Zugunruhe. Inquietudes Migratórias” (aCentral
Folque 2023) no Teatro Colón da Coruña clausurando o ciclo Maio Jazz que promove a área de cultura da Deputación da Coruña.

Sanmamed presenta neste 2023 o seu terceiro álbum de estudo baixo o título de “Zugunruhe, Inquietudes Migratórias”: un comportamento ansioso que se dá nos animais migratorios aos que se lles impide migrar, especialmente nas aves. Este concepto motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia desa necesidade de movemento. Sorprende a incorporación do óboe e o corno inglés do reputado Benxamín Otero ao seu habitual trío de Jazz, conformado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería, para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.

 

Detalles

Data:
Maio 28, 2023
Hora:
20:00
Custe:
De balde

Recinto

TEATRO COLÓN
A CORUÑA, Spain + Google Map