Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Outono Códax Festival : MFC Chicken + Moura

Novembro 30, 2022 @ 21:00

18€ - 22€

nota:

APERTURA DE PORTAS: 20.30 H

O Outono Códax 2022 chega ao seu remate. Tras un intenso mes de novembro no que se sucederon sete concertos nos que participaron dez bandas, tres ceas con maridaxe musical, dúas presentacións de libros, un ciclo de cinema, unha noite de monólogos, dúas sesións con disyóqueis e dúas catas con maridaxe, o festival clausúrase mañá mércores cunha dobre cita por todo o alto, que arrincará coa escura e cativadora intensidade de Moura e rematará cunha traca final desbordante de festa, baile e rock and roll a cargo de MCF Chicken.

Hai xa uns anos que o carismático vocaista e saxofonista Spencer Evoy chegou a Londres e xuntou a un grupo de frenéticos e famentos músicos nun restaurante de polo frito de Holloway Road para levar a cabo unha misión sacra: levar os sons do rock’n’roll do Pacific Northest ao público británico.

Alí naceu MFC Chicken, un dos grupos cun show máis excitante do garaxe-rock’n´roll do Reino Unido, cun estilo que chegou a ser definido como «a música que os Sonics escoitaban».

O seu primeiro disco, Music for Chicken, foi toda unha sorpresa para calquera amante do rock and roll de raíce máis bailable. Co segundo, Solid Gravy!, consolidaron e melloraron o seu son e fixeron saltar a media Europa. Cos dous seguintes, It’s… MFC Chicken Time! e Goin’ Chicken Crazy confirmaron que non só eran un grupo cun directo impresionante, senón que tamén en disco montan boas festas.

O seu último traballo data de 2020, Fast Food And Broken Hearts, e nel desátanse frenéticos, como polo sen cabeza, a ritmo vetusto rock’n’roll dos anos 50, garaxe-punk, rhythm and blues e frat-rock canalla.

Deles sen te dito:

«Se che gusta bailar pero odias a música contemporánea, se estás desesperado por escoitar o rock’ n’ roll nas súas raíces…, se tes fame do prato máis graxo do menú de baile rhythm and blues, entón definitivamente estás preparado para o son indescritible e imparable de MFC Chicken». (16 Toneladas)

«MFC Chicken son considerados por como o grupo de rock and roll con mellor directo de Europa. Tamén se di deles que son unha banda de rock and roll das que non quedan». (Ara Info)

MOURA

Os encargados de abrir o derradeiro concerto desta edición do festival Outono Códax serán Moura, a banda está formada por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Luis Casanova, Pedro Aguado e Belém Tajes.

Dous anos despois do lanzamento do seu debut homónimo, Moura veñen de presentar neste 2022 o seu agardado segundo traballo de estudio, Axexan, espreitan, no que profundizan aínda máis na tradición galega, tanto a nivel lírico coma instrumental. A súa proposta transita a medio camiño entre a neo-psychedelia, o rock progresivo e o kraut-rock, xunto á tradición musical galega.

Moura debuxan un pequeno mapa do patrimonio inmaterial do pobo galego elaborado a base de lembranzas persoais, costumes populares e ritos, nunha sorte de particular aquelarre na procura do transo colectivo empregando a lingua galega como voz ritual.

Deles sen te dito:

«Moura son a perfecta combinación do folklore tradicional da súa terra galega coa psicodelia e o rock progresivo […] Non poden ser comparados con nada, a súa personalidade é única. Moura son aire, lume, terra e auga feitos cancións. Música orgánica que achega un novo mundo que agarda a ser descuberto; un universo no cal quedarás preso para a eternidade». (Ruta 66)

ENTRADAS

Venda física en: A Reixa-Matrioska (Compostela)

Venda online en: www.ataquilla.com

PREZO: 18€ (ant.)[+gastos] | 22€ (billeteira)

 

Detalles

Data:
Novembro 30, 2022
Hora:
21:00
Custe:
18€ - 22€

Recinto

Sala Capitol
Santiago de Compostela, Galiza + Google Map