
nota:
Os vigueses Ollo, Lóstrego! e Moloch desde Pontevedra, visitan a cidade coruñesa. O concerto será ás 21.30 con entradas a 10€ en venta anticipada e 12 en taquilla.
Dúas bandas diferentes pero que se conflúen, desde diferentes vertentes, no rock progresivo ou no experimental e, tamén, na importancia da súas letras.
Ollo, Lóstrego! (Vigo)
Cuarteto vigués que presenta unha proposta musical fruto da mestura de estilos como o postrock, o rock alternativo e o rock progresivo. Nesta ocasión presentando cancións do seu primer disco “A Inevitable Caida Dos Imperios” publicado a madiados de 2025.
Tratan de conxugar gran variedade de influencias musicais para poder expresarse musicalmente da forma máis libre posible; dando como resultado un son propio, potente e directo pero con espacio para a creación de paisaxes sonoras, ambientais e rítmicas ricas e complexas. Nas súas letras, as veces máis metafóricas as veces máis directas, exploran as inquedanzas vitais dos seus componentes como a relación do ser human ca natureza
MOLOCH (Pontevedra)
É un grupo de música galego que pon banda sonora aos versos do poeta pontevedrés Jorge Cuña a través dun rock progresivo e experimental.
As súas cancións xogan cos cambios bruscos de tempo e de dinámica, unha confluencia de sons atmosféricos, rítmicos e melódicos sobre os cales se alenta a crúa poesía do autor.