
nota:
Ollo, Lóstrego!, os principais representantes do Rock Progresivo en galego, volven ós escenarios para presentar o seu último traballo, “A Inevitable Caída dos Imperios”. Será o vindeiro venres 22 de Maio no templo da música alternativa: a Sala Kominsky (r/Irmandiños, nº3. Vigo) cunha entrada única de 10 €.
Cambio de formación e novas cancións:
Dende este 2026, o cuarteto vigués conta nas súas filas co versátil batería Héctor Agulla (Loiros, Límbico, Copos de Avena, entre outros) aportando un enfoque máis aberto e órganico nas novas composicións da banda. Neste concerto, ademáis de nova música, darán un repaso ó seu repertorio máis antigo, o dos seus dous primeiros Ep’s: o homónimo “Ollo, Lóstrego” (2019) e “Hábitat”, ademáis do xa citado último LP, “A Inevitable Caída dos Imperios”, co que colleitaron excelentes recesións tanto de público como da crítica especializada:
A orixinal proposta da formación, destaca por un son traballado, elaborados arranxos, fina execución e o delicado tratamento das melodías vocais, cuxas harmonías fan de fío condutor ao longo de todo o álbum, creando emociantes paisaxes sonoras que non deixarán indiferente ó ouvinte. Na súa música atopamos reminiscencias de grupos como Karnivool, Porcupine Tree, The Pineapple Thief, Tool ou os xa extintos Cró!.
Ollo Lóstrego! son: Marcos Domato (guitarra e voz), Noel García (baixo e voz), Adrián Bokas (sintes, percusión e voz) e Héctor Agulla (batería).