Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Man de Santo

Febreiro 11, 2023 @ 22:30

nota:

Grupo nado en 2016 na cidade de Lugo. Amantes dos ritmos tradicionais xamaiquinos (reggae, ska, rocksteady…) pero tamén deixándose levar polo soul, o jazz e outras músicas que forman parte do seu acervo musical. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, Laurel Aitken, The Specials… son algúns dos referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de estándares de jazz ben coñecidos e adaptados para o baile e ó sorriso cómplice. Convidados a prestixiosos festivais de música xamaiquina como o Ska All Night, organizado pola produtora V- Rocket, ou Bless Festival compartindo escenario co gran Bitty McLean.

Despois: numerosas actuacións en salas e festivais, ata hoxe no que xa é unha banda consolidada da escena nacional.

◊ Iria de Cabo (guitarra), ◊ María Castro (voz), ◊ Silvia Ouro (saxo tenor),◊ Alex Troya (saxo alto), ◊ Miguel García (trombón), ◊ Carlos López (trompeta), ◊ Ara Martínez (teclados), ◊ Sabela Al-Soufi (saxo barítono), ◊ Aitor “Who” Martín (batería), ◊ Tino López (baixo)

Detalles

Data:
Febreiro 11, 2023
Hora:
22:30

Recinto

Club Clavicembalo
Lugo, Galiza + Google Map