Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Leilía “Vidas cantadas”

Xuño 28, 2023 @ 20:00

De balde

nota:
Vidas Cantadas é o noso espectáculo que recolle as vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos más de trinta anos xuntas, que nos permiten dicir que levamos unhas Vidas Cantadas, como cantadas eran as vidas das mulleres das aldeas que nos aprenderon canto sabían e das que nós bebimos o zume da terra.
Afrontamos este traballo como un elo máis da cadea que une as nosas orixes, con cada unha das aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos.
Retomando vellas cancións do noso repertorio -coas que nos demos a coñecer- facémolas nosas de novo, e sendo as mesmas melodías teñen outro aire, igual que nós, que sendo as mesmas mulleres xa temos o pouso co que Leilía nos envolve e engalana.
Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, pechamos o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades…, e un sinfín de vivencias que nos fan sentir agradecidas e orgullosas do que Leilía significa para cada unha de nós e tamén para a música deste país.
Este concerto, como toda a programación Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, ten a entrada libre e gratuíta.
Elenco: Ana Rodríguez, Felisa Segade, Mercedes Rodríguez, Montse Rivera, Rosario Rodríguez e Patricia Segade conforman desde 1989 o grupo Leilía. Unha das apostas máis relevantes da música folk galega que leva trazando camiños entre a tradición e innovación.
PREZO:
Como todas as actividades do programa Agra no Ágora, a entrade é de balde. Non fai falla reserva ningunha; as butacas ocúpanse por orde de chegada, ata completar a capacidade.
ORGANIZA:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
See less

Detalles

Data:
Xuño 28, 2023
Hora:
20:00
Custe:
De balde

Recinto

Centro Agora
A Coruña, Galiza + Google Map