Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

KURT ELLING SUPERBLUE featuring CHARLIE HUNTER

Novembro 9, 2022 @ 20:30

15€

KURT ELLING SUPERBLUE featuring CHARLIE HUNTER

Famoso pola súa singular combinación de swing robusto e perspicacia poética, o dúas veces gañador de premios Grammy Kurt Elling asegurou un lugar para si entre os vocalistas de jazz máis importantes do mundo. A súa voz é recoñecible ó instante, aperta os oíntes cun cálido e rico barítono e percorre toda a súa gama, catro oitavas, de improvisador virtuoso e narrador convincente. Ó longo de vinte e cinco anos de xiras e gravacións, Elling mereceu tres Prix du Jazz Vocal (Francia), dous premios Echo alemáns e dous premios Edison holandeses, ademais, foi nomeado para os Grammy quince veces. Leva catorce voltas da terra ó sol encabezando as enquisas dos críticos e lectores de DownBeat e obtivo doce premios dos xornalistas de jazz en calidade de «vocalista masculino do ano». The Guardian (Reino Unido) cualificouno como «unha especie de Sinatra con superpoderes» e «un dos mellores vocalistas de jazz de tódolos tempos», o New York Times proclamábao «vocalista masculino máis destacado» do noso. Elling realizou xiras e gravou con Branford Marsalis, Danilo Pérez, Stefon Harris, Fred Hersch e James Morrison. Para o seu último disco, Superblue, aliouse con Charlie Hunter, un dos guitarristas máis avantaxados da actualidade e que se ten considerado a grande esperanza branca da guitarra no jazz, disposto a competir e arrebatarlle o trono a Metheny e compañía.

  • Kurt Elling: voz
  • Charlie Hunter: guitarra híbrida (guitarra + baixo)
  • Kenny Banks Jr.: teclados
  • Marcus Finnie: batería

Detalles

Data:
Novembro 9, 2022
Hora:
20:30
Custe:
15€

Recinto

Circulo das Artes
Lugo, Galiza + Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto