Cargando eventos

« Todos os eventos

Jeff Tweedy

Febreiro 8 @ 21:00 - 22:30
25,92€

nota:

entradas aquí

Jeff Tweedy, figura clave do rock alternativo estadounidense e fundador de Wilco, ofrecerá un concerto no Teatro Colón o vindeiro 8 de febreiro. A cita servirá para presentar o seu novo traballo en solitario, Twilight Override, nunha xira europea moi restrinxida que apenas pasará por unhas poucas capitais.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destaca que se trata da “única actuación en Galicia dun referente absoluto da música alternativa”, subliñando a aposta do Goberno municipal por unha programación diversa e de calidade.

Tweedy chega por primeira vez á Coruña nun formato íntimo que repasará décadas de creación musical. Ademais das novas cancións, o público poderá escoitar composicións das súas diferentes etapas, incluíndo clásicos de Wilco e Uncle Tupelo, bandas coas que contribuíu a definir o alt-country moderno.

Co seu estilo sobrio e emocional, o músico estadounidense consolidouse como unha das voces máis recoñecibles da escena americana, cunha obra que destaca pola honestidade, o intimismo e unha profunda conexión co público.

O concerto enmárcase no Underfest Xacobeo, festival en expansión por distintos espazos de Galicia, e conta coa colaboración do Concello da Coruña. Un encontro moi esperado polos amantes do rock de raíces, o folk e a canción de autor.

Detalles

Data:
Febreiro 8
Hora:
21:00 - 22:30
Custe:
25,92€

Recinto

TEATRO COLÓN
A CORUÑA, Spain + Google Map