Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Festival Millo Verde

Xuño 6, 2024 - Xuño 8, 2024

16€ – 28€

nota:

Durante os días 6, 7 e 8 de Xuño a Asociación Millo Verde festexará na Área recreativa da Praia de Cesantes o XVII Festival Alternativo Millo Verde. Coma todos os anos o cartaz caracterízase polo seu formato ecléctico onde dan cabida a grupos de estilos, culturas e ritmos do máis variopinto. Grupos como La Sra. Tomasa (Barcelona), My Baby (Nova Zelanda/Países Baixos), Kumpania Algazarra (Portugal), Terra Livre (Portugal), Méraque (Países Baixos) que poñen a nota internacional ao festival, ao cal se suman moitos máis artistas, completando gran parte do cartaz artistas galegos e galegas e do resto do estado como son Dios Ke Te Crew, Catuxa Salom, Old Time Spooks, Hafa Afrosweet entre outros moitos máis.

O festival tamén inclúe a súa parte de actividades paralelas aos concertos durante o día do sábado, no que estará a actuación de Brais das Hortas para maiores e crianzas, obradoiros organizados polos colectivos Paxaretas e Artelixo, batucada a cargo de Bloquinho Aperta e moitas máis.
A todo isto súmase a feira de artesanía e unha zona gastronómica de diferentes stands con diversidade de menús.
Como xa o ano pasada parte do festival é de balde e outra parte accédese mediante entrada.
Os concertos do Xoves, e as actuacións do Sábado de Sesión Vermú e Brais das Hortas son de libre acceso para todos e todas as que queiran achegarse.

Para adquirir as entradas para o resto de concertos e actividades tedes que acceder a nosa web www.milloverde.org.

Details

Start:
Xuño 6, 2024
End:
Xuño 8, 2024
Cost:
16€ – 28€