Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exeria + Meu

Xuño 8 @ 23:00

Entrada inversa.

nota: Exeria e Meu. Ambas bandas únense para comezar cos concertos do verán, que os levaran por moitos puntos da xeografía galega.

Exeria combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula, todo aderezado con letras en galego. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico. As raíces son importantes para calquera proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións. Así o demostra no seu novo traballo Sobre a independencia, un EP de 5 cancións que se publicou o pasado Marzo acompáñado dun videoclip pertencente á canción A Costa de Frades.

Meu tráennos un rock con brillos do punk e o metal, contundencia coñecida de sobra pola súa parroquia de adeptos, que saborean esta “Caña do pais” tan súa e coa que levan varios anos queimando escenarios. O Murallon de son ou o Noceda Rock son só algúns dos últimos escenarios onde a banda orixinaria de Lalín mostraron temas coma Insectos ou Outro dia mais. Dende 2017 o seu traballo segue dando froitos nos que nos falan das adiccións, da loita social ou dos problemas vitais nos que todas podemos vernos reflectidas.

Detalles

Data:
Xuño 8
Hora:
23:00
Custe:
Entrada inversa.

Recinto

La Beltane
Lalín, + Google Map