Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ELEPHANTS e PAW

Maio 25, 2023 @ 21:00

3€

ciclo OS XOVES da CAPELA

“Elephants e Paw” está formado por artistas con diversas traxectorias no mundo musical, traballando nas súas múltiples facetas, desde a didáctica ate a composición ou produción.

ELEPHANTS E PAW
“High Paw e Elephants Yard” levan xa uns anos colectivizando esforzos e creatividade no eido da música reggae viguesa e galega, organizando numerosos concertos, jams de reggae, actuando como banda base e de estudo para diferentes artistas. Na súa discografía atópanse publicados os sinxelos “Exame” e “My temples”.

Percorreron escenarios da Galiza e do resto da península ibérica coa característica enerxía da tropa dos elefantes: sempre a se revolver, mudar os instrumentos e bailar até se desfacer en suor, esnaquizando o sistema con azos musicais para o público se
revolucionar por dentro e por fóra.

LINKS
http://www.facebook.com/HighPawVigo
https://www.youtube.com/channel/UCH7gq1KzgX_yHNHw2z1Alpw
http://www.highpaw.bandcamp.com

Detalles

Data:
Maio 25, 2023
Hora:
21:00
Custe:
3€

Recinto

Capela do Torrente Ballester
Ferrol, + Google Map